Letras e ditaduras

22.12.2015 | 04:55

Hai conceptos que se cruzan como se fosen cabos, e cabos cruzados como palabras. Se por un casual lles aplicasemos corrente ás palabras, a razón afundiría como os conceptos de responsabilidade e culpabilidade. O primeiro contén ao segundo sempre e cando o crime entre no predicado. E o crime, o delicto, queda mediatizado pola figura xurídica da presunción de inocencia. Parecido caso é o do vocablo absoluto e absolto: o poder absoluto é aquel que non precisa de xustificación, isto é, que está absolto de dar contas do goberno. Os gobernandos, súbditos ou cidadáns dos estados antigos ou modernos, andamos --digamos-- por debaixo das verbas, sometidos á ditadura da gramática. Manexámonos nestes conceptos con maior ou menor fortuna, atoutiñando moito de non caír nas trampas da linguaxe -que as hai- e medindo o grao de saúde mental e tamén de madureza servíndonos destas e outras andrómedas.

A culpabilidade, non obstante, tén residencias anteriores aos cárceres, e estas son, a subxectividade onde calquera inocente pode virar en culpable tranquilamente e tamén na afinidade que vén ser unha sorte de paraíso no que non existe o desexo nin a culpa. En fin, como se tal.

Empezamos a aceptar por parte, que ambas son falsas e consonte nos desmontamos e deconstruímos imos vendo que o ámbito vital era un castelo no ar, un caldo de culpabilidade e non aqueles paraísos prístinos onde a conciencia viu ao mundo. Quérese dicir, sentímonos como nun oxímoron, culpable e inocente.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine