A quinta provincia

11.12.2015 | 04:55

Cada vez temos máis claro que a área metropolitana de Vigo derivará na quinta provincia de Galiza; o sur da de Pontevedra.

Si á riqueza industrial de Vigo e Porriño unimos os turísticos Val Miñor e Morrazo e o verxel do Baixo Miño e Louriña teremos a posibilidade de centralizar a xestión e conquerir, entre todos, unha planificación do noso entorno que facilitará o obxetivo común de deixar as cousas mellor de como as atopamos.

Non quero aburrir con exemplos, vou citar tan soio: o viño das Rías Baixas, a pedra do Porriño, os percebes de Oia...

O cada vez máis importante (e disto fai muitos anos) porto de Vigo quedaríase pequeno para exportar os magníficos productos dos que disfrutamos no sur.

Xa somos un referente do turismo portugués. Aproveitando o AVE de Vigo e os aeroportos de Oporto e Vigo podémonos convertir en destino elexido polo tan desexado turismo cultural e de calidade.

Temos de todo, soio nos faia vendelo. Eu, dende a miña modesta experiencia en marketing e turismo, quero plantexar o que debe ser quinceavo proxecto para o Mosteiro da Real e Imperial Oia.

Este único mosteiro, ó borde do mar, dispón de 18.000 m2 construidos (está a caír). Ten terreos ó redor para aparcamentos, parques, hortas de cultivo, canchas deportivas, etc. Poderíase construir ata un anfiteatro.

Si as principais empresas do sur collen un habitáculo do mosteiro e a convirten nuha sala de mostras teríamos un museo do noso ben facer.

Non é doado. Xa foron muitos, e moi poderosos, os que pretenderon desenrolar proxectos aquí. Os que eu lembro, os tres últimos. A familia Masaveu (poderosa en Asturias, e agora en Pescanova). O Banco Pastor en sociedad co Casino da Toxa (convidáronnos a xornadas e xornadas, explicándonos as súas pretensións), ó final venderon a Residencial Mosteiro de Oia (empresa mui vinculada á antigüa Vascogallega de Loxística, agora a multinacional Kaleido). Estes, despois de once anos e tres proxectos presentados, parece que non poden con a rigurosa burocracia do Concello de Oia.

Particular, e polo tanto egoístamente, soio busco un obxetivo. A posta en valor do Mosteiro de Oia. Está a caír. E iso, o sur de Galiza, non o pode permitir.

Oia Existe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine