O motivo da carta non é merecedor de grandes titulares na portada nin moito menos, pero a súa importancia deriva das consecuencias que está a traer o asunto e de que poden chegar a ser moito peores, se non se buscan solucións.

Son un veciño de Redondela, que está encantado coa pasarela á Portela feita hai uns cantos anos. O lugar acolle todas as condicións para, de cando en vez, camiñar a modiño, disfrutando da sombra, do río, do silencio, etc, no verán. Pero non sempre é verán e a estrutura de madeira, precisa mantemento, sinon pode resultar perigosa. Varias persoas teñen esvarado no brión das táboas. Eu mesmo, hoxe levei un tombo, con sorte. Non me pasou nada; un par de negróns, raspaduras e pouco máis.

Sería interesante pór sinais avisando que a pasarela funciona coma unha pista de patinaxe. Tamén se pode proceder a unha limpeza con algún sistema que acabe con esa trampa mortal na que se convertiu esa xigantesca lesma.

P.D.- Quero agradecer públicamente a axuda prestada por un garda municipal que baixou do coche para interesarse. Grazas.