Os economistas chaman burbulla a un incremento articifical de calquer artigo, "activo" din eles, por riba do seu valor real. As burbullas retroaliméntanse. Se o prezo dun ben sube constantemente resulta apetecible mercalo para revendelo. Chega un momento no que a burbulla estoupa cando xa non hai mercadores que alcancen tal prezo. Poden ser vivendas ou poden ser tulipáns. Sí, tulipáns de cores. No 1637 un bulbo de tulipán cotizabase a 24 toneladas de trigo en Holanda. O tulipán estoupou de tal xeito que todos os que invertirán no bulbo ficaron na rúa. Ancha é Holanda.