Resulta paradoxal que a Administración galega esixa dominar o galego para acceder á función pública e despois non convoque os exames para obter a acreditación que ela mesma esixe.

No ano 2015 non se convocaron os exames para a obtención do Celga.

Sen esta certificación de aptitude non nos é posible aos milleiros de persoas que temos os cursos feitos, acceder ou mesmo conservar o noso actual posto de traballo.

Son plausíbeis os esforzos que fai a Administración para a normalización do galego, pero non é de recibo que aquela non sexa consecuente coas súas esixencias. É imprescindíbel que a Consellería de Política Lingüística convoque as probas do curso 2014- 2015 dun xeito inmediato, ao máis tardar entre febreiro e marzo, sen prexuízo para a convocatoria das probas do curso académico actual.

Así, corrixiríase a inxusta situación de todos os que, tras facermos os cursos do Celga, agora non podemos obter o dito certificado nen optar a un emprego.

É certamente vergoñento que a Xunta nos condene a todos nós a un ano sen poder traballar por mor da súa má xestión.