Cada día

18.11.2015 | 04:55

O sol nace por Pena Aguda que no Porriño é, aparte de punto cardinal, raia que divide hoxe ás parroquias de Cans e Atios. Durante anos non se soubo certamente se esta era a auténtica raia, uns dicían que a Pedra de Abalar (os de Atios) e os outros aseguraban que Pena Aguda (os de Cans). Excusa dicir que os marcos delimítaos o egoísmo.

Ben, unha pista suca a xeito de estrada do horizonte os cumes desta serra dende o Monte Castelo, nunha punta -que ven ser a Pedra de Abalar- ata o Faro de Budiño, na outra, que non precisa outro nome. Entrambos Pedra Aguda. Para quen olle dende lonxe, desapaixonadamente, o lugar é o superior niño do sol. En efecto, por alí nacen os días, o cal non é pouco dicir.

Se por exemplo, a Terra fose un organismo de dixestión primitiva o astro rei sairía polo este e volvería para se deitar no mesmo berce.

Non é así, por fortuna, pois deste xeito xuntaríase o abrente e mailo solpor e ambos serían a mesma cousa e non habería oeste para seguirlle o rastro. O noso sol morre no mar, unha vez superado o monte Galiñeiro, e ese é o mellor lugar para morrer -que non inhumarse-, xa que todo o pobo sabe da beleza do crepúsculo no Atlántico.

E mañá amencerá de novo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine