Son unha persoa que, durante o ano, vou bastante ó tanatorio de Redondela a despedir a amigos e familiares. Pero o que se presenciou este pasado día 8 emocionoume: Ver a centos de rapaces e rapazas en fila silenciosa para despedir ó noso amigo Soto e saíndo da sala con ollos cheos de bágoas. E estou falando de mozos e ademais non abriron os pubs ese día pola noite.

Iso di moito da nosa xuventude.