O mundo das contradiccións

12.11.2015 | 04:55

O concepto de contradicción orixinada no latín "contradictio", é unha palabra formada por "contra" que indica oposición e por "dicere" co significado de "dicir". Unha contradicción e un dito ou acción que se opón ao que a mesma persoa, ou outra expresou ou fixo. Exemplo: dixeches que me amarías toda a vida e hoxe vinte con outro. Neste caso parece que o entendemos fácilmente, pero as contradiccións son algo máis complicado cando esprememos un pouco o intelecto.

A instancia da Lóxica, que é aquela disciplina que estudia e avalía a validez que que ostentan os argumentos en canto á estructura que presentan, unha contradicción implicará o antagonismo entre dúas propostas.

As contradiccións que son loxicamente imposibles son aquelas onde unha cousa non pode, segundo Aristoteles, nun mesmo tempo e co mesmo aspecto, ser e non ser. O que é contradictorio resulta falso. Para os racionalistas trátase dun principio innato que fai que nos demos conta, sen que se nos enseñe, que unha afirmación non pode ser ó mesmo tempo verdadeira ou falsa.

O coñecemento humano é moi complexo. A teoría da disonancia cognitiva mostra precisamente a contradicción entre dúas ideas que son opostas e incompatibles entre si. Esta oposición de ideas provoca unha falta de harmonía, unha tensión interna que vivimos; cometemos erros, dos cales debemos aprender.

Hai contradiccións que as vivimos a diario, cando nos sentimos felices por algo que nos pasa, pero o mesmo tempo tristes. Exemplo: o meu estado de ánimo é contradictorio, estou feliz porque o meu fillo gañou unha beca para o estranxeiro, pero estou triste porque se vai lonxe de nós.

Ás veces nas relacións humanas escoitamos, "é un espíriu de contradicción". Normalmente dicímolo cando por sistema nos levan a contraria. Pero, se o pensamos ben, espíritu ven a ser algo inmaterial dotado de razón; e de cantradicción, sería un enunciado lóxico e metafísico que consiste en reconocer a imposibilidade de que unha cousa sexa e non sexa ó mesmo tempo.

Dalgunha maneira, e cotexando certas teorías filósoficas, parece que as contradiccións poderían ser algo innato no ser humano. Pero hai contradiccións que non podemos pasar por alto porque son erros que teríamos que correxir. No día a día podemos ver algunhas: non se poden pescar as anguías, pero si as súas crías (angulas); queremos o monte limpo para que non arda, pero din que non deixan apañar as piñas?, nin o estrume.

Non quería deixar en balde as famosas contradiccións na política, sobre todo nas campañas: "vamos a baixar os impostos" e sempre os suben?, non se poden baixar e subir o mesmo tempo, non? Estas e outras moitas son as contradiccións que usamos no mundo noso, cheas de absurdo e de engano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine