Maniotas

11.11.2015 | 04:55

Hai xa unhs meses que comecei a utiliza-lo galego como primeira lingua, por ningún motivo en especial, senón porque paréceme un ben cultural que posuímos que resulta ben empregable.

Ó principio a xente sorprendíase, polo feito engadido de que son unha persoa xove, vían o uso coma unha rareza, pero en ningún momento coma algo negativo.

Todo o mundo acostuma a asimilar ben os "bos días", os "che" e os "te", etc. Porén, segundo ía utilizando esta lingua con máis asiduidade comezaban a verse problemas na resposta da xente co vocabulario propio do idioma: a preguiza, os nocellos... Palabras de un uso ben común nunha persoa corrente que, non obstante, comezaban a recibirse entre risas, pero sen maior acritude. O teito deste asunto chegou ó día seguinte dunha xornada deportiva intensa, ocorréuseme comentar que tiña unhas maniotas terribles nas costas, a resposta xeral foi entre risas "Oooh maniotas". Non o tomei a mal, pero o asunto deixoume certo resquemor, tampouco ía poñerme tan exquisito co idioma, tanto daría dicir que tiña "agujetas".

De tódalas maneiras, por que ía quedarme alí? Tanto daría usar algún tempo composto, cambialo eu por "yo", entón dinme conta ó serán, perdón "al final del día", que así é como acababa de destrozar e destruír un idioma.

Malia que nos coste, temos que asumir que un idioma propio é un ben a conservar, sen trazos ideolóxicos de ningún tipo, así a todo o que é verdadeiramente certo é que coma dicía Wittgenstein: "Os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo", non imos ser tan estúpidos coma pecharnos a un só horizonte, poidendo amplialo xa que, unha vez desaparecido todo, o único que nos queda é a lingua.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine