Con quince anos pasou dos contos á literatura. O seu pai conseguiu os poemas de Curros en follas mecanografiadas. Foi a unha libraría de Cantón Grande e mercou as obras completas de Rosalía. "Namoroume". Coñeceu unha lingua fermosa tras ir cada verán á zona de As Pontes. "Como meterse cos nativos".

Foi estudiar a Madrid e coñeceu a Ramón Piñeiro, "persoeiro singular que nunca renunciou a ser do rural". Alcumouna "Anxo do galeguismo". Logo emigrou á cidade do Támesis, ondehoxe reside. Mirando de reollo para acá. Desde Albión para Galiza.

En 1983 Luis Mariño, director de Xerais, encomendoulle a Teresa Barro e o seu marido Fernando Pérez Barreiro a tradución da obra de Carroll ó galego. Era todo un reto. Non era nada doado responder a eses malabarismos lingüísticos, xogos de palabras, bromas?Por exemplo, aparece a canción popular "Twinkle, twinkle litlle star", que todos os nenos ingleses aprenden de moi novos; nin en Galicia nin en España hai un exemplo igual. Pero Teresa tivo un soño profético aquela noite.E non é unha licencia poética. Un coello branco viña correndo e berraba "Que tarde se me fai". Só podía ser unha mensaxe das forzas cómicas.

Dividiron o traballo. Ela abordou a prosa e Fernando os versos. El tivo máis choio en Al otro lado del espejo.Así foi o seu pasar pola vida, esixente e entregado á experiencia poética. Molesto cos que só seguían a fórmula, é dicir, os que lle "daban á manivela".Finou en xaneiro do 2010; nesa primavera contactaron con Teresa os que organizan agora a Exposición de Nova York.

No limiar afirman que manteñen a "fidelidade creadora". Carroll, lóxico e matemático, quería que as traducións ó alemán e francés fosen fidedignas. "Traducir é como interpretar unha partitura musical". Non é transcribir. É unha arte que non se pode facer de maneira mecánica. En moitos países non tiñan algún dos animais dos que se fala e tiveron que buscar outros.

Alicia pertence a unha boa familia. É educada e expresiva. Afouta. Enfróntase con todos sen fuxir de ninguén. Segue o código da educación. É cortés aínda que lle respondan mal. O prototipo da liberdade e curiosidade. É un clásico á altura de Shakespeare. Incorporouse á psique da lingua inglesa,cultura que tende á excentralidade.Exerceu influxos ata en The Beatles.