O da rolda de prensa de Getafe foi un feo espectáculo. Iso e tantas cousas darredor do fútbol, fóra do riguroso terreo de xogo que non son estrictamente balompé pero adobían, dan ambiente, salsa, caldean. Así o entenden os "monstros" que irromperon cando Víctor Rodríguez atendía aos medios de información tras perder dous a cero ante o Barça, monstros entre os que se atopaba Piqué que ía para Beckenbauer e quedou seducido polas cámaras. Non era así Xavi Hernández, o gran capitán, director da selección española sobrio e mesurado, a guiar o balón con criterio, esa expresión que acadou tanto éxito entre os xornalistas deportivos: "criterio","pasa o balón con criterio", "retrasa con criterio", etcétera. O terrasenco era o criterio encarnado, ver, organizar, distribuir, rapidez, baile, vals; naquel equipo que acadou títulos e admiración no orbe, xunto con Carles Puyol todo entrega e coraxe, valedor, co protagonismo reservado para dentro do campo, perplexo en Nova Iorque ao enterarse da falta de respecto dos excompañeiros co contrincante e afección.

Sorte que queda Iniesta para ter conta do "seny" e chamou a Pedro León para disculparse. Este aceptou as desculpas e morra o conto.