A propósito de Ence

04.11.2015 | 03:04

Dende aquela xanela, a praza da Ferrería semellaba un mar de crisantemos co mercado de flores de defuntos, namentras no solpor nas ourelas do Gafos as caveiras acendidas na noite dos calacús como se fose un desfile de vagalumes, mentras caen as follas paseniñamente nun manto de cores e na pola dun freixo un xílgaro... Que doado escribir da fermosura do outono na cidade pero non hai tempo para o romanticismo e temolo que facer sobor de Ence.

Esgótasenos o tempo, non é momento de dúbidas se temos que decidir se o que queremos é a fábrica de Ence no actual emprazamento e que siga a contaminar a ría. Non podemos agardar a que nos saquen as castañas do lume, nin de siglas nin bandeiras, somos nós, a cidadanía, os que podemos evitalo se nos movilizamos axiña.

Non podemos deixar as novas xeracións unha ría peor da que nos deixaron os nosos antergos, que entenderon que a ría era un agasallo da natureza, que sempre estivo aí antes de nós existir, é que temos a obriga de deixala tal como a atopamos. Sería moi doado para moita xente da miña xeración que, pese a que eran tempos moi duros, desfrutamos dunha ría sen contaminación e bañamonos na praia dos Praceres e no río dos Gafos na parte que agora está soterrada, e decir que os que veñan detrás se apañen pois a nós xá nos queda pouco. Pero a nosa conciencia non o ía permitir.

Xa aguantamos moito tempo con ela. Cincoenta anos é toda unha vida e nós xa a sufrimos dabondo, temos que lembrar que foi condenada por delito ecolóxico continuado. Non vai ser doado sacala dese lugar privilexiado, pois o capitalismo, cando hai cartos, non ten sentimentos e non lle importa o que queiran os veciños, e non vai ter escrúpulos, como xa fixeron noutro tempo cas pobriñas das mariscadoras cando as botaron do seu lugar de traballo por defender o pan dos seus fillos.

A nosa xeración ten a abriga de esplicarlles a os novos que naceron ca fábrica aí, como se sempre estivese formando parte da ría, que ese lugar era un paraíso cheo de vida, con areais e praias para o lecer e fonte de riqueza para moitos veciños e veciñas que vivían del coa pesca eo marisqueo e abondosas hortas e cando chegou a fábrica foi a ruina, pois xa non había vida na ría e as colleitas murchaban nas leiras polo fume e a contaminación e tiveron que emigrar.

Todos tíñamos moi claro, veciños, traballadores e empregados, que a estancia da factoría nese espazo tiña data de caducidade. Con cartos se poden mercar vontades e privilexios, que o que fan e enfrontar e dividir familias, veciños e traballadores, con un único beneficiado que é o capital. Eu non estou contra ese tipo de industrias, pero nós xa aturamos con ela a forza moito tempo, xa é hora de deixar a ría tal como estaba. Os directivos tiñan que decatarse que ese xa non é un espazo axeitado para ese tipo de industrias e que hai unha maioría da poboación que queremos que se vaia, e non é bo para calquera empresa estar nun sitio que non a queiran.

Poderan quedar pola forza, pero non no noso nome.

E niso estamos en novembro co fumegar das locomotoras de asar as castañas, axiña han de florecer os camelios e lirios cando no ceo xa non quedan estorniños.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine