Vinteséis anos atrás, máis ou menos, Marty McFly miraba o despertador. A agulla dos segundos baixaba a correr entre as doce e as seis e arrastrábase malamente de novo das seis para as doce. O reloxio parecía unha metáfora dese tempo que atrae mil teorías das testas máis lúcidas, que se é irreversible, brando, eternamente repetido, curvo, e nese sobe e baixa, Marty quedou roque. Ninguén máis que unha mente maravillosa podía crear unha máquina para o noso homiño acordar, e sen embargo, ese alguén deixouse de inventos. Deu corda ao despertador. A conciencia. E fóra.

É fama que o xenio convive coa loucura e certas fazañas sérvense dos inconscientes e os parvos, pero os xenios saben de resortes e maquinarias pois son reloxeiros coma "Doc" Brown en "Regreso al futuro II". Como pagar o arranxo deste despertador? En rigor dar corda non se pode considerar reparación pois non hai avaría. Polo tanto non se pode amortizar unha cousa así. Se acaso o prezo da pilla, pero esta tiña carga... Non hai maneira de devolver o tempo e por parte, quen se beneficia mais? Estou en que se trata de corrente.

Non hai polos, só enerxía, espíritos que mutuamente se dan corda como no bico do príncipe e maila princesa. Quén desperta a quen? Quén insufla á vida? "Regreso al futuro II" de Robert Zemeckis é un película de verdadeiro amor, cabalmente homosexual, unha historia de iniciación, despertares e crepúsculos como Epi e Brais (Blas), ou Batman e Robin, etcétera.

Estas cousas hai que dicilas, abrir as xanelas de par en par e os armarios que andan ateigados, ventilación, saúde, aconsella a organización mundial.

"Doc": este é o meu poema de amor máis apaixonado. Para ti, tío. Se a miña odisea che servíu para unha mínima pinga de esplendor no outono, doume por satisfeito.