A calidade humana é algo inmaterial, interior, persoal, non está nos libros de texto, non se compra con diñeiro.

Nacemos cunha certa predisposición e son as vivencias, a experiencia vital ou as persoas que nos rodean os determinantes da nosa calidade humana. Acadar un premio, triunfar nunha competición, proporciónanos un intre de felicidade, a calidade humana fai que nos sintamos ben ao longo do tempo.

Nos países onde as persoas apenas teñen un teito baixo o cal durmir, é a calidade humana a que os fai sentir ben e seguir adiante. A calidade humana é a nosa riqueza. É necesaria para estar a ben con nos e cas persoas que nos rodean. É fundamental para a convivencia e para vivir en comunidade.

As institucións encargadas de velar polo bo funcionamento da sociedade non deberían permitir o acceso a postos de responsabilidade a persoas que suspenden en calidade humana.