SOS Parque Nacional Monte Aloia

06.10.2015 | 04:35

Estiven botándolle unha ollada ós diferentes programas de tódolos partidos que se presentaron ás últimas eleccións municipais en Tui, e en ningún deles lembráronse da enorme praga que está a padecer o Parque Natural do Monte Aloia, e, por extensión, todo o territorio do Concello de Tui.

Chamoume a atención que en cáseque tódolos programas, sí queren facer un sendeiro pola ribeira do Miño de Tui ata o lindeiro co concello de Salvaterra, quizá descoñecendo que ese sendeiro, o PRG-19, xa leva uns 23 anos creado. Como tamén está creado o sendeiro dende Tui ata Forcadela e Tomiño, o GR-54-1, que enlaza con outros 7 tramos por todo o Baixo Miño. Pero boeno, isa é outra historia.

Duns anos para acó o Monte Aloia está totalmente infestado por algunhas especies invasores, pero especialmente por unha que é absolutamente letal, como é o caso da acacia negra (acacia malenoxylon), tamén chamada oliveira de Australia ou madeira negra de Tasmania.

A acacia negra é una especie exótica que amosa un comportamento invasor manifesto, sendo unha especie moi perigrosa para os ecosistemas naturais e seminaturais, alterándoos e eliminando toda a flora autóctona. O seu maior problema é que rebrota con enorme facilidade dende os rizomas e as sementes. Sementes que poden estar aletargadas decenas de anos na terra, agardando o seu momento propicio para xerminar, que preséntase cos incendios ou cos desmontes, principalmente. Pese a todo, ano tras ano, están a acumularse millóns destas sementes nos montes tudenses sen que ninguén, aparentemente, faga nada.

É curioso como esta especie tan perigosa está a desenvolverse con absoluta liberdade nunha contorna teóricamente protexida, que está declarado parque natural.

Quero supor que os responsables do parque coma os das comunidades de montes afectadas, son sabedores do problema, pero é claro que, á vista dos resultados, nada ou pouco están a facer por atallalo.

Baixo a miña humilde opinión, mentres non se tome concencia do problema e non se comece por eliminar os exemplares mais vellos, que están, ano tras ano, a invadir toda a comarca de sementes, básicamente polo efecto do vento e dos arrastres pluviais, pouco se pode facer para extirpar esta especie exótica invasora do parque natural.

Ou se comeza axiña ou sospeito que en non moitos anos sucederá o que lle está acontecendo ó Monte de Santa Trega, absolutamente dominado pola acacia negra, especialmente cara o leste e sur.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine