Soterramento derradeiro

05.10.2015 | 04:02

A estación do Porriño esmoreceu. O seu desleixo trae da man novos tempos. Reclama o porvir a toma dos camiños de ferro. Sempre estivo aí o tren, co seu valado, interpóndose como unha propiedade allea entre nós mais agora é o momento de enterralo. Noutrora foi escenario de tristes adeuses, apeadoiro de chegadas xubilosas, orixe de viaxes limiar de outros tránsitos meirandes, pero o tempo non se para e hai que atinxir o futuro cada día. A solución debe ser realidade, non unha arela nin un sono, senón o presente. Cómpre o soterramento último e derradeiro. E que sigan viaxe en paz os usuarios cara a outras transparencias. Se así o facemos poderemos medrar pois cómpre vertebrármonos plenamente ambas beiras do Louro xuntas como un pobo unido, e buscar apoios en Vigo, Santiago, Madrid, sen escusas, defendendo os intereses comúns por riba das siglas particulares. Ou iso ou seguir agardando no paso a nivel a que pase o noso tren.

O camiño de ferro estorba, tronza, tolle, racha o vincallo constante e cotián, obrigadamente fluído, necesario. Algúns quedaron baixo as locomotoras e o seu recordo inesquecible debe ser semente para enfrontar este proxecto. É boa noticia que Adif o entenda así e se amose disposto contribuíndo económicamente, e que o goberno municipal non abdique de buscarlle os flancos vulnerables á fenda na espiña do Val da Louriña.

Por parte, non seríamos realistas se deixásemos á marxe aos populares porriñeses, quen sen absterse do labor opositor obrigado e necesario, terían que asumir a súa cota de utopía e exercer a influencia sobre os correlixionarios situados nas esferas de poder. Sabémolo e o Porriño teríao en conta.

Leva anos este sistema a ser solución ao longo de España. Por exemplo en Barcelona, onde un servidor fora na adolescencia de viaxe iniciática, e sorprendíase que xa nos anos oitenta houbera todo un submundo de luz alí abaixo: estación de Sants (en galego Santos). Tamén en Murcia onde non aceptan o futurista convoi de alta velocidade sen antes inhumar os raís, para así tomar caladamente o corazón da cidade e do mañá.

É doado imaxinar o cambio que suporía unha gran e nova avenida abrindo o casco urbán ao que agora é arrabaldo, pois xa os socialistas presentaron no seu día unha recreación virtual, nesa altura proposta estrela para aqueles comicios. Agora é o momento de realizalo. Tal e como antes materializou o bipartito BNG-PSOE a construcción do aparcadoiro na avenida de Galicia, cunha idea do candidato da dereita independente Gonzalo Ordoñez (fillo), -o Bloque contaba facelo baixo o parque do Cristo e intelixentemente acordou-, agora pode toda a corporación envorcarse na vontade unánime de librarnos dunha vez do atranco para o progreso e a seguranza que supón borralo da vista mais non do mapa. Enterrémolo dunha vez e cos votos de todos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine