Roland Barthes en galego

20.09.2015 | 04:55

A finais dos anos 60 e 70 Roland Barthes era o crítico e teórico literario vangardista famoso no mundo, punto de referencia de estudantes e xóvenes profesores con inquetanzas ávidos de novidades. Oficiaba de profesor na "escola de altos estudos" no barrio latino, próxima a súa morada e a miña. Coincidimos unha morea de veces nos cafés do barrio, entre eles, O Flora. Xa rematada a licenciatura estaba facendo unha tese sobre Cernuda e para que me dese ideas asistín o seu Seminario "O discurso amoroso"(do cal tirou un libro memorable). O local estaba ateigado de público, contra a súa vontade pois era partidario de grupos reducidos afíns a súa persoa. Cheguei a tratalo, e tíñame unha certa estima, quizáis porque era un exiliado do franquismo. Falabame de Ramón Chao (Vilalvés) con quén as veces tocaba ó piano, o que era do seu gosto. A min por certa agresividade esquerdista de época púxome o alcume de "Buñuel".

Tiña programada unha teses que ía dirixirme, que non rematei porque, por motivos de traballo, trasladeime a Caracas. Alí escribín e publiquei un modestísimo libriño: "Glosario linguistíco ideolóxico" sobre a súa obra (ata aquel intre).

Agora na lembranza, no centenario do seu nacemento, o susodito libriño véxoo (o primeiro que se publicou sobre a súa persoa en español) coma unha humilde homenaxe a súa figura, como fixen no poemario "O tremor do amor" inspirándome na súa obra.

Agora na distancia vai o meu recordo de quen podo considerar como un dos meus mestres.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine