Coñecín a M.ª do Carmo cando lIe fun a requirir uns textos, para a primeiraantoloxía sobre as poetas galegas (1987). A partir dese intre trabouse unha amizade que perdurou ata o seu pasamento.

Inviteina (dentro do proiecto de integrar na universidade as forzas Intelectuais vivas de Vigo) a impartir conferencias: unha delas dentro do marco "Os escritores galegos e América", onde fixo unha salientable exposición das súas experiencias (conferencia recollida no meu libro co mesmo título). Os alumnos ficaron impresionados pola forza expresiva do seu xeito de recitar.

Contei con ela par outras escollas: "Poetas dos anos 50", "América na poesía galega" "O mar na poesía e na pintura galega"( que foi un éxito no seu eido), entreoutras.

Falei con ela, antes da que a internaran nunha residencia, e aínda que me falaban da súa delicada saude, a súa voz ainda tiña os pulos de sempre.

No comezo do Curso Académico na Universidade, e para que perdure a súalembranza, ai van estes fíos soltos da memoría dunha poeta xenerosa, liberal, con profunda raízame galega.