cartas al director

"Dios nos libre de conocer al doctor"

06.09.2015 | 04:55

Xa o dicía Quevedo: "Deus nos libre de coñecer ao doutor". O tema do novo Hospital, está facendo correr ríos de tinta. Teño a sensación de que está acontecendo algo parecido ao que sucedeu nos últimos meses da lexislatura Aznar. Cando un xa pensaba que estamos todos aborregados e tragamos absolutamente con todo, os políticos, que adoitan tomarnos por parvos, traspasaron a liña vermella do "humanamente aceptable", e o pobo, manifestouse con rotundidade. Lembran o "Nunca Máis", o "Non á Guerra". Era a época na que os Rodrigos Ratos campaban ás súas anchas polos páramos de España. Espero, que este xoves, os homes e mulleres do sur de Pontevedra, lles deixemos ben claro, que non todo vale, e que estamos fartos de que nos esquilmen todos os nosos dereitos. Dereitos que costou décadas, cando non centurias,conquerir.

Dende que comezou esta maldita crise, os nosos políticos, presionados sen dúbida por outros políticos foráneos, pero sobre todo, pola poderosa influencia do sector financeiro e empresarial, aproveitaron o dereito de pernada que da o medo de "salvarnos da debacle", para ir podando, con presa, e sen pausa, unha a unha, as polas da árbore dos nosos dereitos. E seguen afanados nesta tarefa. Primeiro, o medo á crise. Agora, o medo ao populismo. Tácticas semellantes ás que practicaban os seus antecesores históricos, os señores feudais nos Séculos Escuros. O medo, sempre o medo.

Non vou a explicar cada punto, cada detalle no que o novo Hospital está a faiar. Lean os periódicos, as redes sociais, e non sairán do seu asombro. Pero de un "fillo" dos intereses privados, e dos recortes que íamos esperar.

O que eu non consigo entender, é, como chegamos a crer, que cousas que foron posibles, cando España era un país inmensamente máis pobre do que é nestes momentos, agora non son posibles. Nin entendo, por que "o público" e "per se", ineficiente. E como unha xestión privada, será sempre mellor. Porque non se deixen enganar, isto non é máis que unha privatización encuberta.

Sen máis, lanzo a miña pregunta. O hospital Xeral, púxose en funcionamento en 1955. A renda percápita era de 200 euros anuais. Eramos un país illado, pobre, pero tiñamos xa unha sanidade pública, gratuíta de calidade. O Meixoeiro, comezou o seu funcionamento en 1989. A renda percápita dos españois era de 14.000 euros. Agora, no 2015, con toda a crisis que queiran, a renda percápita ronda os 26.000 euros.

Si eu fose político, e tivera que dicirlle aos cidadáns para os que goberno, que nunha Galiza, moito máis desenrolada que cando se fixo o Meixoeiro, e non digamos que na década dos 50, non son quen de construír un novo hospital público, gratuito, e completamente equipado, se me caería a faciana ao chan coa vergoña.

Si, creo que chegou o momento de dicir, alto e claro, que si non son quen de garantir unha educación e unha sanidade do primeiro mundo, e gratuíta, se vaian para as súas casas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine