Habrá tenda ortopédica, peluquería, ludoteca, guardería, oficina bancaria, floristería, prensa e, ademais, seguro que pondrán un locutorio de 24 horas por non existir cabinas de teléfonos públicos fora das habitacións; alquilarán sillóns-cama para os acompañantes a 5 euros a noite, posiblemente un supermercado que aproveitarán os novos clientes e non pacientes do novo centro comercial no interior do hospital. Agora hai 3 cafeterías con precios altos.

¿E a cociña? Traballará a pleno rendimento todo o día facendo e facturando comidas de catering para outros hospitais privados e no exterior ningún local ou negocio que lles faga competencia. Todo isto é máis importante que un laboratorio central que rechaza o Sergas que defende máis os intereses privados do novo hospital, convertindo nun gran centro comercial no seu interior, ademais do parking privado de pago e non gratuito como fan outros centros comerciais que son gratuitos. O Sergas defende actualmente que a saúde é un gran negocio privado.

O triste é a visita electoral ao hospital feito pola conselleira de Sanidade acompañada pola delegada da Xunta e pola concelleira da afortunadamente oposición do Concello de Vigo, o máis parecido á Sección Femenina de antaño, que tanto recorda e satisface ao señor Feijóo polos seus nomeamentos e que provocan a indignación do persoal e os de agora clientes, e non pacientes, da sanidade privada implantada polo PP da que tamén son corresponsables os seus votantes.

Hai que ir á manifestación do 3 de setembro, pero non soio quedar nunha movilización máis, senón que todos os asistentes se comprometan a votar nas próximas eleccións a outros partidos que permitan recuperar para sempre a sanidade pública e universal.