cartas al director

As centrais eléctricas de carbón

15.08.2015 | 04:55

O plan para a redución das emisións contaminantes nos EE UU que vén de presentar Obama pon o foco sobre as centrais eléctricas de carbón. Non podía ser doutro xeito, pois son as instalacións industriais que máis contribúen ao quentamento global e á deterioración da calidade do aire. O plan é considerado polos que se opoñen a el como unha "guerra contra o carbón".

Se en Galicia un presidente da Xunta quixese algún día asumir a súa parte de responsabilidade na loita contra o cambio climático, cando menos na mesma medida en que o ten feito Obama, debería ollar de fronte os enormes focos de contaminación global e rexional que son as térmicas de carbón de Meirama e As Pontes. Estas centrais emiten anualmente en Galicia máis dióxido de carbono (CO2) que todo o parque de vehículos, ou que todo o resto da industria. Para produciren con carbón importado --maiormente de Indonesia-- unha electricidade que Galicia non necesitaría hoxe para se autoabastecer, lanzan á atmosfera nada menos que un 40% de todas as emisións galegas de gases causantes do cambio climático. Favorecidas polo "parón renovábel" decretado polo Goberno Rajoy, durante o ano pasado volveron liderar a produción eléctrica da nosa terra.

O plan de Obama foi cualificado de "catastrófico" e "irresponsábel" polos republicanos. Un plan semellante dun presidente da Xunta, a pesar de serodio e insuficiente, sería cualificado da mesma forma por non poucos políticos galegos, e non so da dereita, tamén da esquerda. Para contrarrestar a oposición política que enfrontaría, agardo que tivese o mesmo apoio social que vai precisar Obama para sacar adiante as súas propostas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine