Parece ser que as cousas non son como parecía que eran. Levamos case tres meses con un goberno novo en Ponteareas que disque é de esquerdas pero non se nota que cambiara nada, seguimos a mesma estela do goberno anterior, quizás sexa porque non queremos arriscar os votos cara as eleccións xerais.

Eu recoméndolles que non se preocupen polos votos xa que si siguen polo mesmo camiño van por de manifesto aquel refrán tan galego que di, "vale máis malo coñecido que bo por coñocer".

Queda de manifesto que é moito máis sinxelo gobernar desde a oposición que desde o mesmo goberno. Estou esperando que fagan o que predicaban dende a oposición, entregar a Xunta as chaves da estación de autobuses, residencia da terceira idade, gardería infantil, etc...

Sr. Represas, non se nota en Ponteareas a súa presenza como alcalde. Si temos que esperar tres anos para notar o cambio, mellor sería non haber cambiado. Os milleiros de votantes deste pobo xa empezan a preguntarse si mereceu a pena cambiar.

Gobernar con medo non é... gobernar.