EN DIRECTO
Sigue en vivo la segunda etapa de la Vuelta: Nimes - Gruissan (203 km)

Un tallo baixo dabondo para un Rei

Iolanda Teijeiro Rey
Ferrol

23.06.2014 | 02:59

Recoñezo que España sempre me reverque. O vello discurso do novo Rei non ten nada de novidade, como era de agardar. Porén semella o discurso dun rei republicano defensor dunha república federal a non ser porque a realidade, en España, nunca tivo ningún punto de vincallo cos discursos. Resulta que Felipe VI ten unha idea da historia ao Disney. Seica en España conviviron historicamente tradicións e culturas diversas coas que de continuo se arrequeceron os seus povos. Eu debín de trabucarme de país porque estudei que a historia de España érguese sobre unha paisaxe de guerras e reinos en constante invasión sanguenta.
España, como tantos países, artellouse sobor dunha unidade homoxénea e uniformizadora. E así segue. Non sei que dirían os antigos reis de Aragón, Galiza...se escoitasen agora a Felipe falar de suma e interrelación e de concerto de linguas. Para sumar só se precisa a palabra, a igualdade e a tolerancia e como moito unha calculadora. E para interrelacionarse outro tanto. Os Reis Católicos non traían nin calculadora nin palabra, máis ben levaban exércitos con espadas e cruces. Ao fin a espada e a cruz son o mesmo símbolo. En canto ao concerto de linguas. Aquí somentes houbo concertos de música clásica e de colexios cruciais (non sei se de cruz ou de espada). Cicais o novo rei non coñece o anel da vergoña dos colexios para prohibir falar o galego. Cicais tampouco coñece a castración e doma do reino da Galiza. Cicais esquece que a lingua non só é a vía natural de acceso ao coñecemento dun pobo senón a propia ialma dese povo. Por iso a política uniformizadora que se segue a practicar contra as chamadas demais linguas pode terse por unha política desalmada en sentido estricto. Apoiar o trono en senlleiros republicanos de cada nazón á que non se tolera como tal (Machado, Espriu, Aresti e Castelao) non vai redimir un discurso caduco, continuista.
O esquecemento das víctimas do franquismo completa a agresión, alomenos á metade da povoación. Non vale de nada engadir despois o de cabemos todos, as distintas formas de se sentir español. E os que non nos sentimos españois? Non cabemos? Non temos dereitos? Castelao morreu no exilio por defender a democracia dunha república federal. Se non fora por el, Bóveda...e un longo cemiterio republicano acalado non teriamos xiquera estes minguados dereitos sobre o papel nin estas linguas esmorecentes coas que nos permiten celebrar un día de letras ao ano.
A min a coroación de Felipe VI tráeme á mente aquela fábula chinesa medieval que se titula O tallo baixo dabondo: na residencia de certo parvo había un tallo; éste era baixo dabondo, e cada vez que o home quería usalo, víase na obriga de montalo sobre tixolos. Aborrecido desta complicada manobra, pensou cómo solucionar o problema, e un bo día tivo unha súpeta inspiración, chamou ao criado e pediulle que subira o tallo ao primeiro andar. Entón, ao sentar no tallo decatouse de que era tan baixo coma no andar inferior. –"E así din que é máis alto este andar!", dixo. "Pois eu non o atopo así!", añadiu. Supoño que o novo Rei seguirá a sentar nese tallo. Por iso non vai mudar a política porque o faga nun rañaceos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine