A cobiza non ten límites

M.ª Jesús González Alonso
Nigrán

23.06.2014 | 02:59

O día 21 de xuño, fun multada por cometer unha "infracción de tráfico" no concello de Nigrán. Recoñezo o meu erro, pero o afán recadador das autoridades "competentes" (a policía local) era do máis evidente. A rúa en concreto é sentido único, ese día e supoño que algúns máis, mentres duren as festas de San Xoán, o sentido da rúa cambia, polo que os que estamos acostumados a realizalo case que acotío, o erro, por desgraza pagueino caro. Podo corroborar que nun período de apenas dez minutos, foron multadas unhas oito persoas, obtendo un total de 4.000 euros.
Gustaríame saber: onde van parar eses cartos? Que van facer con eles?, xa que cando precisamos que as nosas autoridades presten os seus servizos aos cidadáns, nunca están presentes ou ben miran para outro lado. Fago referencia a: atrancos nas beirarrúas, estacionamentos nas paradas dos autobuses, os accesos ás praias é vergoñento e o estado das estradas lamentable, só se reparan cara ás eleccións (con un pouco de sorte) e ninguén ofrece solucións. Chegado a este punto pregunto: onde están os nosos axentes da autoridade ou os nosos "representantes" do excelentísimo e turístico concello de Nigrán por antonomasia?
En fin, que cada cal saque as súas propias conclusións.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine