Oitenta anos de memoria redondelá

30.04.2014 | 01:29

Cúmprense neste 2014 oitenta anos da construción do edificio da Sociedade de Agricultores de Reboreda-Redondela, levantado en mancomún polos veciños da parroquia. Nacera esta entidade en 1921. O inspirador deste movemento asociativo agrarista fora Basilio Álvarez: sacerdote, abogado, periodista, político e, sobre todo e por enriba de todo, loitador pola xustiza e a verdade. Este ourensán foi a principal figura do movemento agrario galego. Só gozarían dous anos da nova sede, de 1934 a 1936. En 1936 a entidade agraria sería expropiada polos falanxistas e con iso tódalas súas pertenzas e toda a súa actividade. A "longa noite´´. Despois de vinte anos pechada foi vendida polos incautores ao Concello, logo sería escola pública e finalmente vivenda de Cándido Estremadouro (Neriñas).
En 1975 sería concibida a Sociedade Labrego Cultural no garaxe que Manolo Barros Montero tiña no lugar das Longuiñas, no barrio da Quintana. Alí reuníronse nunha noite de inverno M. Barros, Andés Laxe, Jaime González, Pepe Toucedo, Juan Figueroa, Angel Outerelo... O primeiro obxectivo había ser a recuperación da Casa da Sociedade para entidade cultural da parroquia. Para o próximo ano 2015 cumpriranse 40 anos deste feito e de vida asociativa ininterrumpida. Non é pouco. Non sería mala idea que os directivos desta entidade tivesen presente esta efeméride colectiva.
Conseguida a cesión por parte do Concello, con pequenas reformas habilitámola, démoslle vida e consolidamos a entidade cultural. En 1984 aparecería a bandeira da Sociedade Agraria na Casa da Cultura de Redondela (antiga cadea), o único que se conserva da histórica Sociedade Agraria. No ano 1987 desbordados pola cantidade de actividades, o pouco espazo e as precariedades, decidimos acometer a súa reforma e ampliación a partir dunha idea do arquitecto César Portela. Os honorarios pola redacción do proxecto foran una botella de augardente feita por Rafael "O Doutor".
Por outra banda, non foron poucas as dificultades para conseguir 34 millóns de pesetas da época para acometer as obras. O día 10 de abril do 94 inauguraríanse as novas instalacións, acto que presidiría don Paco del Riego, o alcalde Xaime Rei, César Portela, Xesús Costas Abreu, Xosé María Palmeiro, o concelleiro de Cultura, veciños, veciñas e directivos. O día 10 de abril de 2014 cumpríronse 20 anos daquel outro histórico día. Desde esa data e na memoria de Basilio Álvarez o salón de actos da nova Sociedade Cultural leva o seu nome e unha grade fotografía súa presídeo.
Con todo, como case todo na vida, nestes case 40 anos a entidade ten pasado por etapas de esplendor e de decadencia, a útima de consecuencias considerables. Nuns momentos de confusión e desgoberno da entidade uns "lumbreras de pouca estatura", alleos á xunta directiva, diagnosticaron que a culpa da "crise" tíñaa o edificio. Así, acometeuse unha contrareforma da instalación que resultou ser un dos bos exemplos de feísmo antiestético e deforme, por non respectar a estrutura dun edificio histórico. A reforma de César Portela concibía un centro cultural que tiña cantina; estes querían unha cantina que tivese centro cultural, ademais dun montacargas que, o mellor que selle pode desexar é que un día empece a elevarse ata perderse no infinito para podermos recuperar a fachada orixinal da casa.
Co mellor dos desexos e na espera de mellores tempos, quería rematar con palabras do discurso do presidente da entidade na inauguración do día 10/04/94.
"Cada momento histórico, cada circunstancia política, económica, social€ obriga a un plantexamento cultural diferente, pero sabendo sempre cal é o marco xeral da nosa acción, cal é a finalidade de toda acción cultural e sen perder nunca a perspectiva do país no que vivimos, conscientes do seu presente e esperanzados no seu futuro que ao final tamén é o noso´´.
Nesta perspectiva creo, de verdade, que aínda haberá una longa vida para Sociedade L. Cultural de Reboreda-Redondela.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine