O Sr. Finch

28.04.2014 | 03:36

Canda Raúl Francés estaba de alcalde houbera unha revolta máis ou menos disimulada de funcionarios con praza e interinos.
Algún destes, levado polo desexo de voltar o goberno afín, convocara concentracións a prol da unión da dereita, chave da moción de censura, outros dábanse de baixa masivamente aducindo depresións, ignoro se xusta ou ruinmente. Pero alí, entre eles, andaba Atticus Finch. Como é natural non tiña a apariencia de Gregory Peck en Matar un ruiseñor, e andaba ó del, coa mesma seriedade pero camuflado, digamos.
Eu descubrínno anos despois en plena treboada porriñesa. Agora seica está noutra guerra, tamén contra os prexuizos pero agora políticos. En canto o escoitei falar nunha parrafada calquera, non dubidei que era él. Co mesmo rigor do avogado fílmico defendía a presunción de inocencia, falaba das persoas que coñeceu (agora imputadas) coas que está en débeda polo trato recibido, correcto e amigable. Endexamáis podería alegrarse polas revelacións do sumario –dixo– e había de seguir a traballar, por suposto, co mesmo empeño de sempre. Nada de brazos caídos nin boicots por non ser Nelson Santos da súa preferencia electoral. Ante todo ser persoa, e leal a un mesmo. 
–Eu de ter chapeu nese intre, houberao tirado–.
Finalmente o Sr. Finch concluiu, como mente ben arrumada que é, que gardaba todos eses valores nunha gabeta e na outra a esperanza da xustiza funcionar como debe, pois lembremos que Atticus Finch cre na lei.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine