Segundo informóu o ministro Montoro, a nosa Comunidade Autónoma ven de acadar o 1,1% no seu déficit publico, unha décima debaixo da cifra prevista, no exercicio 2013. É decir imos aforrando no noso gasto público. E como o facemos? Pois, dunha maneira sinxela. Diferindo os pagos dun exercicio fiscal para os seguintes exercicios. Ninguén se estrane, entón, que moitos pequenos e medianos empresarios sexan, hoxe, reticentes a contratar coas administraciones públicas. Afortunadamente, non perteñezo ao debandito colectivo. Agora ben, son un dos moitos contribuintes que ven coma pasan anos sen que a Axencia Tributaria teña a ben en devolverme os cartos, que nunha ocasión ingresei indebidamente. As probas me remito. No ano 2010 paguei en concepto de débeda tributaria no imposto de sucezóns certa cantidade de diñeiro. A Xunta de Galicia non consideróu axeitada a miña autoliquidación, xa que unha parte da base impoñible autodeclarada correspondíalle a miña nai, o que tiña coma resultado a devolución do meu ingreso por indebido. A viuva paga, no 2012, a nova débeda a resultas da liquidación provisional feita pola administración no 2012. Tiña, polo tanto, a obriga de facer unha liquidación provisional aos herdeiros, que arroxaría unha devolución por ingresos indebidos. Era unha devolución de oficio. Non o fixo, e tiven que solicitala na data 24.07.2013. Recibín a calada por resposta. Farto do alongado silenzo, e acuciado pola necesidade, recurrín o 05.03.2.014 perante ao Tribunal Económico-Administrativo€ Sorpresa! Na data do 25.03.2.014 foime notificada a resolución da devolución datada o 7.08.2.013! Curiosamente, a piques de cumprirse o plazo dos 6 meses para resolver dende o 08.02.2.013, unha solicitud de devolucón da miña nai, o tratarse dunha doble imposición, e non miña, xa que, reitero tiña que ser de oficio. Maila a debandita resolución sigo sen percibir o ingreso indebido€ Cousas da contabilidade de caixa, pra pagos, e devengo pra cobrar impostos, e, axiña cumpir co déficit. Velaí a falacia, por non dicir, a carallada do cumprimento do déficit, cobrando, so pena de embargos, e non pagando.