Murado retornou a aula trece da facultade de Historia. Onde cursou cuarto con Monterroso. Daquela xa levara o Premio Café Gijón por "Metamorfosis Benezianas". De neno chistáballe a revista "Historia y Vida" que lle mandaban o seu pai e as lendas que lle contaba o avó republicano.

Hai un baleiro historiográfico duns vinte anos. España incluso tiña dificultades para suministrarse de papel.O franquismo emitiu dende moi cedo un discurso victimista, de martirio.A obra canónica é "Historia de la Cruzada Española" dirixida por Arrarás, carlista que sería un dos fundadores do Diario Ya. "Raza" foi a película propagandística de Franco. Pero cando fai o pacto cos americanos ten que versionala. Cambia a dobraxe e censura elementos como o saúdo fascista.

O ingleses, fanáticos da Guerra Civil, leían o Daily Mail, profranquista, e The Guardian, prorepublicano. George Orwell,conmovido polo Maio do 37, só vía loita entre anarquistas e comunistas.

A segunda interpretación é unha camada que afonda no anticomunismo. Caso de Comín Colomer, obsesionado coa masonería, e Mauricio Karl, pastor, policía e escolta de Largo Caballero que se convertiría no escritor favorito de Carrero Blanco. Esaxérase o papel de Stalin e do PC na II República, cando en realidade non foi revolucionaria senón burguesa. Hoxe sabemos que a República de Weimar tivo máis violencia e inflación ca española. Mentres Albornoz, católico, e Américo Castro, conservador, discutían sobre o absurdo: a esencia de España no Medievo.

Nos sesenta aparece unha bibliografía de verdade en Inglaterra. Hugh Thomas tivo un gran impacto. Franco quixo impedir a súa lectura pero entrou por Canarias e Andorra. Fala sobre todo das mortes indiscriminadas dos dous bandos nos primeiros meses, xullo e agosto do 36.

Logo xurde o mito da guerra como traxedia nacional. Unha loita fratricida. A clásica revisión dunha guerra transcurridos vinte anos. Así, Gironella, franquista catalán, escribe "Un millón de muertos", cifra que é un disparate. "Las últimas banderas" é o contrapunto do bando republicano.

Nos noventa hai revisionismo histórico. Estamos máis lonxe da concordia. Os franquistas acusan á República da queima de igrexas do 31.Os republicanos escollen a vía da holocaustización, verba que acuñou Preston. Vense víctimas. Lembran os cincuenta mil fusilados ó fin da guerra.