Hai xa algúns anos que, como usuarios de moitos dos servicios, públicos e/ou privados, imprescindibles para a nosa vida cotiá (auga, luz, bancos, etc.), véñennos facendo pasar por unha morea de aros, impóndonos unha serie de servidumes que, entendo eu, se non son ilegais, alegais sí que parecen e... nós, submisos, aceptámolas e cumprímolas sen nin siquera manifestar a nosa ¿razoable? disconformidade; e se a manifestamos, henos rexeitada sistematicamente argumentándonos que esas son as normas da empresa.

Cando solicitamos que nos mostren a lexislación que avala a legalidade desas normas, non queren saber nada e, en último extremo, a persoa que nos atende di que ela non é a responsable, cuestión sabida e aceptada por nós de antemán.

Se se solicita exporlle o problema ó responsable da empresa, que ese sí ten entre as súas obrigas a de nos atender, dinnos que o responsable, habitualmente ausente da oficina na que nos atopamos, é unha figura inaccesible para os usuarios. Que os trámites para lograr unha "audiencia"con el resulta máis laboriosa ca se a solicitaramos co SS. Padre, con el Rei ou co Presidente de Goberno.

O ata aquí exposto suscítanos as seguintes preguntas:

¿Por qué permitimos que o banco nos cobre comisión por mantemento e administración de contas?

¿Por qué temos que gardar cola na ventaniña dun banco, se só imos a retirar fondos, que son nosos?

¿Por qué admitimos que a suministradora eléctrica ou o Consorcio do servicio de augas nos esixan pagar os recibos só na entidade bancaria que eles fixen, sen que nós teñamos nin queiramos ter relación con esa entidade? ¿Poden, legalmente, impornos esa obriga?

E se a resposta fose afirmativa, ¿pode esa entidade bancaria impornos o horario restrictivo de dúas horas, mentras a oficina traballa de 08.30 a 14.30 horas?

Convido a todos os que ostentamos o título, ¿ben merecido?, de xubilados, non admitamos que nos toleen destes xeitos tan pouco: respectuosos, humanos e, coido que, nada legais.

Xa que as obrigas dos nosos herdeiros (xornadas de traballo de nin se sabe cantas horas e outras) non lles permiten distraer tempo para poder oporse a eses abusos coas súas reclamacións, que o requiren, fagámolo nós; con respecto ós traballadores, pero intolerantes coas intolerables normas que nos impoñen os prepotentes. Deste tempo habemos obter un alto rendimento.