Son un cliente habitual que tódolos luns do ano utiliza a autoestrada, entrando por Peinador e saíndo na Ramallosa pola 85.

Como vostedes e maila administración autonómica galega ben saben, non existe ningún persoal en ningunha das cabinas para que os cidadáns consumidores e usuarios poidan sentirse amparados nos seus dereitos ante un problema tan grave como o que me sucedeu esta mañá. Sendo as 07.33 horas, paro o meu vehículo diante da máquina e como sempre métolle un euro.

Pero ela, como se fose unha autoridade, reclámame un 1 euro con 45 céntimos. Sentíndome violado nos meus dereitos non tiven máis remedio que "apoquinar" có reclamado, ía para o traballo, alí non estaba ninhunha persoa á que reclamarlle e non podía perder máis tempo, porque ó fin e o cabo para iso collín unha autoestrada.

Lóxicamente na viaxe de regreso e na peaxe n.º 81, vía 4 de Vincios, indaguei polo sucedido, intentando buscar un responsable e parece ser que foi a señora máquina de merda, que está instalada sen ter unha fiabilidade do 100%, carecendo dún ser humano nas proximidades para que evitase que a un cidadán se lle reclamase un euro con coarenta e cinco céntimos, cando só correspondía pagar un euro. Únicamente consiguín que me facilitasen unha tarxeta cós datos do Servizo de reclamacións.

Unha vez chegado ó meu destino, fago unha chamada telefónica ó número 981 148918, onde intento expricar o meu problema, escóitanme de mala gana e dinme que se quero que quede constancia da miña reclamación teño que facela por escrito, ó que lle respondín adiós, que non teño tempo para perdelo.

Por isto é polo que, de xeito pouco amable como a ocasión o merece, presento esta reclamación contra os responsables de Autroestradas de Galicia e máis da Xunta de Galicia, por deixar que unhas máquinas traballen soas e poidan impoñer ós seus automáticos criterios si se aprica a tarifa 1 ou a 2.