No ano 2008, a illa de Sálvora pasa á Xunta de Galicia. Como illa, que xa dende 2002 pertencía ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, vai ser este organismo o que se faga cargo do seu mantemento e conservación. Os seus responsables tiñan a obriga de facer un estudio das necesidades máis urxentes e comezar a buscar solucións.

Un ano despois de pasar á Xunta, o presidente do "organismo fantasma" (o Padroado das Illas Atlánticas) sae á palestra en todos os medios dicindo o seguinte con respecto á aldea de Sálvora que comezaba xa o seu preocupante deterioro: "...ahora, será un arquitecto gallego ´de prestigio´ quien trace las líneas generales para su recuperación... La dirección del parque invitará a alrededor de media docena de los ´mejores arquitectos´ de Galicia a participar en un concurso que sentará las bases de la futura recuperación del asentamiento. Nada de actuar con "parches" y arreglar ahora una casa y después otra. El plan director de la restauración "debe de pensarse mucho" y tener un objetivo claro. La intención es marcar una hoja de ruta que se irá completando "año a año", sin prisas, sin proyectos caros y centrada exclusivamente en la aldea y la salazón, sin atender a la otra construcción de la isla, un faro.

Non temos nin idea se dende a dirección do parque cursaron invitación a esa media ducia dos mellores arquitectos de Galicia, o que si teño claro, despois da visita que fixen no mes de marzo deste ano a Sálvora, é que as casas da aldea desta illa están sufrindo un deterioro imperdoable por parte de quen corresponda que, segundo Parques Nacionais, a responsabilidade sobre o arranxo destes inmobles recae sobre o organismo estatal Costas.

O Parque Nacional é patrimonio de todos pero, entre eses todos, están os que teñen a obriga de que funcione e que se arranxen todas as problemáticas que poden deterioralo, e non só as ecolóxicas, senón tamén as socio-histórico-etnográficas. A aldea de Sálvora, segundo Fernando Alonso Romero é "el poblado isleño más interesante y antiguo de todas las islas gallegas€ la isla tenía ya población en la Edad del Bronce€ La distribución arquitectónica de sus viviendas es un ejemplo único en Galicia de aprovechamiento de un espacio común para defenderse de las condiciones climáticas del entorno".

O Parque Nacional ten a obriga, como organismo encargado da conservación das illas, de evitar o deterioro deste conxunto etnográfico único.

Dende aquí pedímoslle que realice os contactos necesarios, con quen corresponda, para que a aldea de Sálvora, coa única arquitectura mariñeira conservada de Galicia, non acabe en ruínas.