Como afiliada de Anova que son gustaríame saber por que houbo tanto interese en nomear de forma directa e sen ningunha consulta asemblearia a Lidia Senra, alguén que sen desmerecer a súa traxectoria histórica que ben é coñecida por todas e todos, segundo as miñas noticias, nin sequera é afiliada de Anova.

Pido coñecer cal é o trasfondo do referéndum do domingo onde parece que se está a traballar desde diversos puntos da organización dos que se esperaría imparcialidade e trato igualitario para todas as persoas candidatadas no referéndum, facendo todo o posible para que unha decisión totalmente persoal, arbitraria e allea aos intereses primixenios do partido adquira a apariencia de democrática cando este partido naceu precisamente coas premisas de rachar coas vellas maneiras de política, baseado no pleno poder asambleario e a horizontalidade, coa toma de decisións sempre de abaixo arriba e que, precisamente con este nomeamento, non se cumpren.

E que non hai ninguén, afiliada ou afiliado de Anova, que sirva para representar o que o partido defende nesta Galicia carente de tantas cousas? Quéresenos facer ver que non contamos con persoas capaces para levar a cabo este proxecto en instancias europeas?