Mergullando polos diccionarios quixen estudar un pouco o significado da palabra normal. Coa orixe do termo latino "normalis", o concepto normal refírese a aquilo que se atopa nun estado que se considera como natural. O termo tamén se refire ó que actúa como regula, canon ou modelo. En psicoloxía tense este termo como algo que é coñecido en calqueira ser vivo que non ten diferenzas significativas co seu colectivo, anque en maior ou menor medida cada ser vivo posúe alguna deferenza que non se adoita tomar en conta. Non cabe dúbida que neste senso o normal é bastante subxectivo.

Por outra parte unha escola normal é a entidade educativa que se encarga de formar aos docentes. A súa finalidade é fixar as normas da enseñanza (de ahí provén a súa denominación). Agora me parece que se chaman escolas universitarias de maxisterio.

Que é o normal nunha sociedade? A miudo oímos dicir: "Iso non é normal", para referirse a aquilo que se escapa do que se espera dunha persoa, por exemplo: non é normal que os pais non cuiden ós fillos, non é normal que un neno queira estar a escribir sempre en vez de xogar, non é normal que dous irmáns no se falen€

É evidente que este termo é un dos tópicos que rixen a nosa vida social. Ó longo da historia, as diferentes sociedades foron creando estereotipos ós que os individuos de grupo deben responder. Esteblecéronse régulas que designan a normalidade.

Na sociedade e nestes tempos en que vivimos o de normal está a ser demasiado subxectivo. Ven xa de lonxe o de que as normas no son iguais para todos. Me da a impresión de que cada quen as interpreta o mellor que lle convén.

Non é normal que no ano 2013 houbera en España cento e pico mil ricos máis en plena época de crise. A riqueza non foi ben repartida, e, en consecuencia, está a haber cada vez máis ricos e máis pobres.

Á hora de pagar os impostos non paga máis o que máis ten na proporción debida. Cando estudabamos aritmética ensináronnos o que era o reparto proporcional. A iso me refiro, hai que pagar proporcionalmente ó que se gana; sería o normal e o honrado dentro dunha política social xusta.

A nosa clase política das alturas non é capaz de xestionar ben a forma de recaudar para que non haxa estas inxusticias.

Todos debemos pagar impostos na medida que nos toque. Todo sería máis fácil si nos educaramos na valoración do ben común, que para iso son os impostos. A apreciación dos bens sociais que adquirimos cos cartos de todos. E consideralos como propiedade nosa, na satisfacción de beneficiarnos todos.

Esta clase de capitalismo onde uns ganan tanto e outros tan pouco non pode ter futuro; penso que nos estamos engañando, e isto pode traer malas consecuencias. Non é normal o que está pasando, pero corremos o perigo de tomalo como normal.