Acabo de ler parte dun poema inédito de Rosalía de Castro.

Dende aquí, Madrid, no ámbito de toda a lectura, quedei cunha parte dun verso que di: "Y es Galicia, en verdad, tierra fecunda, donde lo santo y generoso abunda."

Engade que non a debe esquecer o señor que a vai visitar, xa que ela non sabe esquecer "Y ella os dará su amor y su alabanza".

Engadindo, segundo lin tamén hoxe, que a Lorca o fascinaba o galego, non podo deixar de pensar que non estamos a facer o necesario para que Galicia teña o protagonismo que lle corresponde a nivel internacional e, se algúns queren, nacional.

Non me gustaría caer no sentimento do pouco que somos ou do pouco que representamos. Creo que debemos avanzar e considerar o noso país, Galicia, o referente para as futuras xeracións de galegos.

Debemos trasladar os nosos sentimentos: idioma, singularidade e todo aquilo que nos fai diferentes, e que andaluces como Lorca son capaces de entender e comprender, mesmo escribindo en galego.

De que nos avergonzamos, de que nos afastamos. Canto imos deixar de facer pola incomprensión duns poucos que non entenden que ser galego, é ser iso, diferente e singular.

PD: Cloe e Maia, Maia e Cloe. (Son xemelgas e cando me equivoco de nome, miranme e dinme: eu non son Maia, son Cloe, ou o contrario)

Non chego a entender, por máis que mo propoño, que alguén diga aquilo de que é pouco galego/a.