Nesta mesma sección o día 4 de xuño de 2008 as fisioterapeutas do Xeral á fronte da Unidade de Fisioterapia Respiratoria, M.ª Luisa Fernández Vázquez e M.ª del Carmen Varela Barrera expuñan as súas queixas pola insuficiencia de persoal para atender axeitadamente os numerosos enfermos necesitados das súas atención.

Como usuario deste servizo puiden comprobar que nalgunhas ocasión recurriuse a persoal contratado como reforzo e o tempo de espera podía andar polos catros meses.

Actualmente presta este servizo una soa persoa, e cando fun a que me informaran da tardanza en chamarme, xa que foi en outubro do ano pasado cando me atenderon por última vez, dixéronme que tería que esperar un chisquiño. Cando indaguei canto tempo sería ese chisquiño informóuseme de aproximadamente catro meses, xa que había moitos pacientes en espera, o que supón que me avisarán para outubro, un ano despois da derradeira vez.

Os pneumólogos seguen recomendando este tratamento para os afectados de EPOC, bronquietasias, etc., xa que ademais de mellorar a calidade de vida, evita en moitos casos a hospitalización do enfermo.

O recorte ou desmantelamento deste servizo non só deixaría desasistidos a moitos usuarios, senón que ocasionaría un maior gasto ó SERGAS xa que a hospitalización supón un custe moito máis alto que a atención fisioterapéutica.

Esperemos que as cabezas pensantes rectifiquen.