Despolitizar-se

Manuel Iglesias Nanín - Ourense

29.05.2013 | 08:14

Todo. Absolutamente todo neste país xira en torno á política. Dende que te desempaquetas pola mañá ata que te volves a empaquetar pola noite, a política acompáñate cun murmurio machacón e enfermizo. O que aterra son as moitas voces interesadas en que todo isto se perpetúe. Sorprende asemade a gran trastenda que a mesma ten para satisfacer a tanto peloteiro. Programas nas moitas e pasmosas canles de televisión e radio que nos asolagan. Tertulianos de toda proxenie e condición que te asombran porque non sabes onde atopan tempo para tanto predicar. Mais aínda cando despois descobres as súas sinaturas en artículos de prensa escrita. Son moitos os que teñen ben atado o negocio e non advirtes por ningún buraco asomo de que isto alixeire. O pasto é abundante e as ganas de comer moitas. A imaxe que transmiten todos eles é dunha ruindade absoluta, en man co país que eles e os seus artellan. Son partidistas e están en nómina, declarada ou non. Cando o interese é máis que interesado, o límite semella non atopar o seu propio límite. Mais, guste ou non guste, sobra política e sobran políticos neste país. E sobra todo ese séquito de babeadores profesionais que se move arredor deles. E bótase moito de menos unha faragulla de decencia e un algo de non sei que, que escoce, e queima.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine