É unha obra poética de Rosalía de Castro (Santiago 1837- Padrón 1885), que como todos sabemos trátase da literata emblemática da cultura galega. "Cantares gallegos" está inspirada nas cantigas populares e nela denuncia a miseria e a emigración á que se vía sometido o pobo galego. A súa publicación, na que Manuel Murguía -o seu marido- tivo un papel fundamental, foi en torno ao 17 de maio de 1863 e supón o inicio do Rexurdimento e a restauración da conciencia galeguista. O Día das Letras Galegas conmemora esta efeméride e hogano celébrase o 150º aniversario da súa publicación. Posteriormente, en 1980, Rosalía publicaría "Follas Novas", obra lírica intimista. E en castelán publicou: "La flor", "A mi madre" e "En las orillas del Sar". Foi unha poeta romántica de gran éxito, valente e rebelde, comprometida coas clases populares do seu país. En Galicia hai monumentos e rúas na súa memoria e a súa figura permanece viva. Os seus poemas foron cantados e musicados por varios artistas, entre os que eu destacaría a Amancio Prada, natural do Bierzo. "De ti vivo namorada, / en ti penso con fervore, / qu´eu ben sei que che contenta / este puro e santo amore."