Hai que mellorar

Antón García Fernández - Chaín (Gondomar)

25.05.2013 | 04:15

O xornal que Vd. dirixe facíase eco na súa edición do luns, 13 de maio, do éxito acadado pola XVI Media Maratón, Trofeo Concello de Vigo, que segundo rezaba o citado número "?renacía gracias al esfuerzo de la familia Álvarez Salgado".
Eu tamén creo que, efectivamente, foi un éxito, e partindo desa base común maniféstolle que sucedeu algunha cousa imperdoable. Remataron a carreira 876 homes e mulleres, eu cheguei no posto 815 como calquera outro corredor, sudando, medio seco e con ganas de beberme o mundo, pero cando cheguei ao posto de bebida xa non quedaba nin para min nin para os que chegaron detrás.
Puxen este problema en coñecemento do concelleiro de Deportes de Vigo, que nese momento estaba acompañado dun famoso exatleta local e, cousa inconcebible para min, non fixeron o máis mínimo caso, amago de desculpa ou intento de solución, parecía que a cousa non ía con eles.
Espero que concorde comigo, Sr. Director, en que unha situación como esta non debe repetirse en posteriores ocasións, porque os corredores de élite podenlle dar lustre a unha carreira, pero quen lle da vida somos os corredores anónimos, os do montón, aos que hai que respetar e atender como nos merecemos.
E se o queren comprobar poñan a correr na próxima edición aos cuarenta ou cincuenta mellores e vexamos onde está o espectáculo.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine