¿Que mal vai España?

Equivócanse, non só vai ben, senón que estamos a gañar en educación e, dende logo, en gratitude.

Cando eu era pequeno, os meus pais de vez en cunado levábanme a unha casa de convidado. Nunca se me esquecerá que sempre, antes de entrar na casa, me dicían: non se che ocorra dicir que o que poñen no prato non che gusta e moito menos deixar de comelo. Eu, como non quería comprometelos, xa que era un neno que estaba a estudar e aprendía grazas aos seus esforzos, comíao todo. Iso si, esperaba nunca ter que volver a tal sitio.

Xa lles gustaría aos... educados de agora sentarse a unha mesa parecida.

A gran maioría hoxe comemos con absoluta educación, non só non deixamos nada no prato, senón que ás veces ata rebañamos e felicitamos o que o fixo. Isto é un gran síntoma de educación: España vai ben.

Como verán, agora somos moito máis educados, non só damos as grazas senón que ademais, lle dicimos que cando queiran volvemos.

En educación é evidente que melloramos. Outro exemplo, cando vas ao bar de en fronte e o teu amigo o camareiro dite que che preparou algo especial, despois de recapacitar, aínda que non teñas fame cómelo. Sobre todo se se che veñen á cabeza todos e cada un dos que están a pasar fame, cada día. Aqueles aos que, aínda que o deixes, non lles vai chegar a pesar de ser educados. Aprendemos educación, España vai ben, pero aínda hai persoas que cremos que isto ten que mellorar.

Cada vez temos que ser máis os que digamos, en liberdade: "Non señor, eu isto non mo vou comer: está mal condimentado, ten certo tufillo a pasado, os aderezos non se corresponden co que vostede intentou preparar, nótanse condimentos non previstos e ule a non vos preocupedes porque estes non se decatan".

Creo que si que nos decatamos: Comérvolo vós ou, como son educado, vostedes

Nós imos preparar o noso menú, un pouco intanxible, con: educación, sanidade, traballo, igualdade, dereitos, convivencia, oportunidades, todo iso aderezado de xente educada, comprometida, honrada, solidaria. O resto dos aditivos irémolos introducindo en función do prato, que preparemos para que todos o poidamos comer.