O problema non é o parado que todo o altera demandando traballo. O problema non é o dasafiuzado que na desesperación berra ata rebentarlle os oídos aos vendidos e sometidos á gran carteira. O problema non é o necesitado que entra na terra desaproveitada do facendado. O problema non é o sen fogar que procura refuxio nunha das cuantiosas casas baleiras do especulador de cemento. O problema non é o veciño que impide o bo desenvolvemento da administración porque se sabe enganado, estafado e roubado por un sistema ruín. O problema non son as manifestacións que asolagan as nosas rúas esixindo outra democracia. O problema non é o insulto ao político que corresponda. O problema non é a crítica agromada desta carraxe que ademais entende que ten razón. O problema non é a falta de confianza nos empezoñados en mentirnos e defraudarnos. O problema non é a falta de paciencia, a mesma que todos sabemos consumida ante tanta mediocridade.

E o problema tampouco son eu, que xa non me recoñezo nin creo neste anaco de terra chea de iluminados mesquiños e perversos.