As cagallas dos nosos cans

Emilio Rodríguez Miranda - Beluso-Bueu

19.05.2013 | 03:42

Os nosos cans e cadelas teñen dereitos, pero non obrigas. Explícome. Dereitos porque, cando saen a rúa na nosa compaña, teñen tamén dereito a facer o derradeiro treito da súa dixestión en algures, e nós, os seus donos, temos a obriga de recoller as cagallas e feces e pousalas, coma Deus manda, nos colectores que, para tal fin, ten que haber nas nosas vilas.
E aquí quero facer unha súplica, tanto ás autoridades coma a nós mesmos, os afortunados donos de ter a un destes cans ou cadelas coma compañeiros de viaxe. Unha súplica ás autoridades para que repoñan as bulsas destas papeleiras con asiduidade e non agardar a caída da folla en Outono.
O outro día fun dende Coia ata Teis, e non atopei ningunha dispoñible. E unha petición tamén a nós mesmos para que non sexamos tan luras e arrinquemos amodiño, unha a unha, a ser posible, e non todas á vez, as bulsas destas papeleiras caninas, deixando aos demais donos cos fociños dunha cuarta.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine