Es un tipo complicado. Escoitei que alguén llo dicía a outro alguén. Coñezo aos dous. Sei perfectamente o que debullaban. O complicado é falar en voz alta. Dicir non. Posicionarte. Aguantar a respiración para non lanzar unha viaxe. Na escena, o definidor semellaba co seu mirar perdoarlle a vida ao definido. Aquel sábese protexido. Afastado e a gran distancia do alento deste. A distancia é unha boa aliada. Dá igual que o sol asome cada mañá. E que cada día poida ser un gran día. Cando as credenciais te abandonaron no primeiro apeadeiro, o resto, non serve para nada.