A Cidade ´da Incultura´, ¿e agora que?

Noela Blanco Rodríguez - Ourense

01.04.2013 | 03:07

É inevitable que @s turistas miren con curiosidade esos edificios en obras que se erixen no alto dunha montaña presidindo Santiago e se pregunten "que hai ahí", pero o realmente anormal é que @s galeg@s sigamos, 12 anos despois de que se presentara o proxecto, preguntándonos o mesmo cada vez que o vemos.
Pero, aínda que seguramente case ninguén nos sabería explicar para que serve a Cidade da Cultura, o certo é que ten moitos valores engadidos. Serviu para chegar a acaparar, con Feijóo como vicepresidente da Xunta, a metade do orzamento destinado a cultura da nosa comunidade, para ter bancos que custan 2.500 euros, edificios en cementos que cambiaron seis veces de nome, pedra traída de Brasil? Foi un bonito regalo aos especuladores, aos arquitectos de nomes impronunciables aos que se lles deu un cheque en branco, co único obxectivo de facer un monumento á vanidade e a ostentosidade de Fraga, un proxecto de miles de folios cunha única páxina escrita: "que sexa como queira o arquitecto, pero que sexa grande, que se vexa ben" .É mesmo un canto ao mal gusto porque ¿alguén diría que esa obra representa á catedral de Santiago e as rúas do casco vello que levan ata ela? Por favor, que insulto!
Mentres ás aforas de Santiago se colocaban grúas e se triplicaba o gasto previsto inicialmente ata sobrepasaren os 300 millóns de euros, mentres Fraga e compañía seguían hipnotizad@s mirando hacia o Gaiás, a vida cultural galega agonizaba, ás bibliotecas públicas galegas non chegaban libros novos, moit@s creadores/as emigraban, e @s que decidían quedarse caían irremediablemente nas redes da precariedade.
Agora que se van a paralizar as obras de maneira definitiva pola presión dos grupos da oposición, do mundo da cultura e da cidadanía en xeral, agora que Feijóo ten que esconder "as súas vergoñas" debaixo das alfombras porque non é quen de xustificar o inxustificable, cada vez que vexamos esos edificios a medio facer debemos pensar o que fumos e nunca debemos volver ser: o derroche, o exhibicionismo e a fanfarronería. Porque o fin e o cabo a nosa verdadeira autoestima cultural reside nas mentes brillantes d@s creadores/as galeg@s, en facer posible que a cultura estea ao alcance de tod@s, e por suposto en valorar e apreciar a riqueza do noso patrimonio cultural, en atravesar a Praza do Obradoiro sentíndonos orgullos@s e presos da súa beleza.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine