Ulo el

Manuel I. Nanín - O Carballiño

28.03.2013 | 09:27

Monarquía. Monarquía parlamentaria. Casa Real. Rei. Nación. Bandeira. Estado social e democrático de dereito. Democracia. En fin... Un mangado de expresións que se poderían debullar e seguir debullando ata o anoitecer dos tempos.
Para encetar o que se aveciña, debo manifestar a miña máis absoluta incapacidade para entender este xogo amañado de sucesións e monarquías. É máis, a día de hoxe aínda non fun capaz de dixerir nada. E así chegamos ata esta mañá, que dou forma á presente misiva, na que non consigo esquivar o esperpento no que está sumido este simulacro de país, polo que a pregunta brinca por si soa, ulo el? Non debería, se acaso, facerse escoitar. Pór orde. Cando menos. Como cando daquela mandou calar a un presidente de goberno, hoxe finado, e aí todos si o escoitamos e entendemos. Cal é o seu cometido dentro deste aparente pluralismo democrático? Para que serve a institución que el representa? Por que para unhas cousas si e para outras non? Non se supón e agarda que un cabeza de familia debería ser capaz de saber cando é o momento oportuno para facer unha seria chamada de atención ante tanto ridículo. Ridículo que cada vez se coa máis polas abundantes gretas que semellan ir asomando a xeito de ansiedade e desacougo. Mesmo fuxindo tamén eu de querer entrar en todo ese insistente discurso sobre que a xustiza é libre e independiente e debemos deixala traballar.
Aínda que afortunadamente un ás veces non pode evitar ler entre liñas, e parece ser que ulo el, o ulo el de todos, anda máis turbado por outras lerias.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine