Unha papisa en Sabucedo

Manuel Cabada Castro - Vigo

19.03.2013 | 09:43

Temos por fin un Papa que sorprende gratamente co seu modo de comportarse. Ó mellor, de aquí para adiante, imos ter papas un chisco máis sinxelos e achegados á xente normal e corrente. A verdade é que isto é o que fai realmente grandes ós grandes. Dixérao hai xa moito tempo alguén que foi moi importante: "O que queira ser grande, que se faga o voso servidor". Ademais o novo Papa ten incluso o seu humor. Pódese dicir que nisto se parece un pouco a nós, os galegos, especializados como estamos no tema. Igual se lle pegou algo dos moitos que viven por alá, en Buenos Aires.
E xa que o humor do novo Papa semella permitirmo, vou referirme agora non a papas senón a unha posible papisa. Porque habelas hóuboas, aínda que sexan lendarias ou fantásticas, como as meigas. Aínda non hai moitos anos vivía na fermosa e montesía aldea de Sabucedo un teimudo solteiro de excelente xorne humorista, apelidado Moreira. As casas desta localidade estradense, alí onde anualmente se celebra a máis famosa e coñecida de tódalas rapas das bestas de Galicia, están case todas elas ben achegadiñas unhas a outras, como para defendérense do frío da montaña ou de lobos que ameacen ás bestas ou tamén, se a fame é moi arrabiada, incluso a algún apetitoso ser humano. Por iso, os poucos veciños coñécense ben uns ós outros e ningunha cousa relevante fica inadvertida. Moreira non deixou de decatarse dunha delas. Unha das súas veciñas, que vivía ó seu carón, levaba xa algúns días sen dar sinais de vida. As portas da súa casa estaban cerradas e as ventás tampouco se abrían. Os outros veciños empezaban xa tamén pouco a pouco a preocupárense. Como Moreira era o vixía más próximo, non perdía ollo ante calquera posible novidade. Por fin, cando todo semellaba que a cousa se ía poñendo seria, velaquí que Moreira apareceu correndo cara á xente berrando coa meirande euforia: "Habemus Papam!!". Non había dúbida. Por enriba das tellas da casa da súa veciña unha fumata, auténtica e lexítima, erguíase amodiño cara ó ceo.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine