A propósito do desatino do BNG e Anova-IU

Maribel Ferreiro Rodríguez - Vigo

18.03.2013 | 08:20

O BNG, xunto con ANOVA e IU, veñen de abortar unha declaración do Parlamento galego na que, como outras moitas cámaras do mundo democrático, rexeitaba o criminal acto de asasinato masivo perpetrado polos nazis durante a II Guerra Mundial. Tal aldraxe aos máis elementáis principios éticos e humanitarios, pretenden xustificalo o BNG e ANOVA-IU con estes estultos motivos: que non se fala expresamente dos palestinos, e que o Holocausto favorece a Israel.
Verbo de tal desatino, con todo o meu respecto, dígolles:
1º.- Que ninguén se opón a que vostedes estean a prol ou en contra de Israel, dos palestinos, ou de ámbos. Acepto calquer posicionamento e, tal que Voltaire, daría a miña vida porque cada quen poidera defender as súas ideas aínda que non coincidan coas miñas propias.
2º.- Que se vostedes non están privados de propor manifestos, mobilizacións o calquera outra acción de solidariedade co pobo palestino.
3º.- Que é lamentable que representantes da nosa cidadanía non sexan quen de distinguir que a condena que ten acordado a ONU, non se refire ao dano inflixido aos israelies senón a toda a raza humana.
4º.- Que a súa postura deixa moi serias dúbidas sobre como actuaría o BNG e ANOVA-IU chegado un momento crítico semellante.
5º.- Que a actuación de vostedes neste asunto, non é, senón, unha porcallada moral.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine