Lembro perfectamente o día que me tiven que inscribir nel, un ten 64 anos, case 39 de cotización, a empresa na que traballaba quería reducir plantilla, a un lle propuñan que collera a xubilacion anticipada, e de mentras, que non me concedían a xubilación, que me inscribira no INEM para recibir mensualmente unha aportación.

A funcionaria que me pediu os datos non recibira polo que me decía nada da miña empresa, me deu de alta, non me explicou nada, bastante tiña por organizar aquel exceso de clientes que tiña na cola da súa administración.

O día 22 de xaneiro pasado, me chega unha carta de tal organismo que me di que estaba proposto para quitarme unha mensualidade, o motivo era que tiña que "fichar" o día 2 de xaneiro pasado, aleguei que descoñocía, tal importante requisito, aleguei, que si tan importante era tiñan na miña ficha de alta o meu teléfono da casa, non serviu para nada; o día 28 de febreiro pasado me din que non me ían pagar a mensualidade de tal mes de xaneiro, cantidade que tiñan que pagar o 11 de febreiro pasado: 940 euros de tal mes.

Este é o xeito de xestionar, de recaudar que ten o esta administración?; quen debe explicarmo?; teño eu a obriga de sabelo como si un dereito fundamental se tratara?; un non ten un dereito a seren informado?; de quen parten estas leies do embudo?; non é unha sanción desproporcionada?; e un xeito de tratar aos que chegamos a tal organismo da administración? Me contaron moitas historias que lle pasaron a xente que foi a esa administración.

Sorprendido e admirado; sorprendido e cabreado, vou defender o que é meu diante dunha situación que crin cos meus anos non tiña que pasar por ela, nunca pensei que sucederame esto a esta altura do partido, en todo caso, agardo que a miña defensa non seña un recurso ao pataleo, será un recurso a que se me faga xusticia.

Non quero expresar máis o meu enfado, e non renuncio a defender o que me pertenece, o entenderá o INEM?