TRIBUNA DEL LECTOR

O académico Manuel González González, fillo predilecto do Concello de Mazaricos

Xosé González Martínez*

15.03.2013 | 11:34

Cada vez son máis as corporacións locais que deciden distinguir con honras a persoas de inequívoca galeguidade,ós que dedican a súa vida á reconstrución da nosa identidade nacional.Nesta ocasión a corporación municipal de Mazaricos, presidida polo seu alcalde, don José Manuel Santos Maneiro, honrará ó profesor Manuel González González, nomeándoo Fillo Predilecto.

Manuel González González é catedrático de filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e académico da Real Academia Galega da que foi secretario e tesoureiro, sucesivamente, ó tempo que un dos máis cualificados integrantes do Instituto da Lingua Galega,creado en 1971 polo inesquencible profesor Constantino García.

Se importante foi a súa participación na elaboración do Atlas Lingüístico de Galicia, obra de transcendental importancia para o oñecemento da nosa lingua,no campo da dialectoloxía é unha autoridade recoñecida dentro e fóra das nosas lindes.No ámbito da lexicografía os seus traballos de investigación facultárono para dirixir diversos dicionarios, nomeadamente o da Real Academia Galega,
e o xurídico de recente publicación.

Seu é o mérito de aplicar as novas tecnoloxías para a normalización da lingua galega;os conversores voz-texto, en colaboración cun grupo de enxeñeiros,e as súas intermediacións perante organismos internacionais para conquerir un dominio lingüístico para a internet, acreditan o seu bo facer.

Foron decisivas as súas achegas á elaboración das"Bases prá unificación das normas lingüísticas do galego", e das "Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego", publicadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982, posteriormente, no 2003, presidiu a Comisión para a reforma das normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, que deu como resultado a coñecida como Normativa de consenso.No ano 1994 substituíu a Guillermo Rojo na dirección do Mapa sociolingüístico de Galicia,patrocinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

No mesmo Seminario de lexicografía dirixiu distintos proxectos patrocinados pola Dirección Xeral XXII da Comisión Europea, así como os estudos "O galego segundo a mocidade" e a "Actualización do Mapa sociolingüístico Galego". Presidíu a Comisión Técnica encargada de elaborar o Plan de Normalización Lingüística,aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en novembro do 2004.

O próximo día 16 celebrarase na Casa da Cultura de Mazaricos nun acto institucional o Concello nomearao Fillo Predilecto. Con este recoñecemento a corporación municipal premia o seu labor sen canseira,que contribuirá decisivamente ómedre da autoestima dos seus vecinos polo propio.

Cando un home ten fe nun ideal e sinte o amor fondo por el,–ese é o seu caso– ese ideal ateiga a súa vida enteira. Esa é unha cualidade de Manuel González.Pódese afirmar del que é dos que loitan pola victoria do ideal a diferenza dos que pensan no ideal da victoria para aproveitárense dela.

Son lexión os alumnos do profesor Manuel González que con toda probabilidade se sumarán a esta merecida homenaxe,que terá lugar este sábado, día 16, na Casa da Cultura de Mazaricos.

*Presidente do Foro E.Peinador

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine