Día internacional das árbores

Roberto López (Membro da directiva A.C. Pedra Seixa) - Navia-Vigo

07.03.2013 | 07:39

Sr. Alcalde de Vigo. Dentro de tres semanas vaise celebrar o día internacional da árbore. En moitos territorios do país aprovéitase para plantar e facer actividades (talleres, conferencias€) relacionadas co medio ambiente nas que ademáis dos gobernos participa activamente a sociedade (escolas, asociacións€) sendo un dos seus obxectivos educar ás novas xeracións con principios que valoren a importancia dos bosques e os respecten. Dende a asociación cultural Pedra Seixa instamos ó Concello de Vigo que aproveite a data do 21 de marzo para re-plantar na nosa contorna (rúas Teixugueiras, Lamela, Limpiño, Poza Cabalo, Ufas, Pedra Seixa e as zonas do casco antiguo de Navia susceptible delo) as árbores necesarias para que realmente se faga efectiva a frase "agora vivimos nunha cidade fermosa". Ademáis das rúas das que lle falamos neste escrito lembrámoslle tamén a obriga que o Concello ten cando recepciona unha urbanización sendo o promotor o que ten que acondicionar a zona verde e se non o fai será o concello o que o ten que facer. Daquela instámoslle tamén a que adecente as zonas verdes entre edificios e a senda verde que desemboca no parque e aproveite para plantar árbores autóctonos en todas estas zonas así como no perímetro de todo o polígono que linda coa estrada VG20 e a rúa de servicio que conecta a zona franca e Citroën. Sería bo que o Sr. Alcalde de Vigo pase a ser coñecido e recordado pola cantidade de árbores que prantou en Navia. Aproveitamos a ocasión para solicitarlle unha reunión para falar de temas que nós consideramos importantes de Navia, e que seguramente sexa efectiva máis cedo que tarde.
Un cordial saúdo da Asociación Cultural "Pedra Seixa".

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine