Repugnancia

Manuel Iglesias Nanín - O Carballiño

03.03.2013 | 07:10

A estas alturas dos aconteceres creo que o políticamente correcto xa perdeu todo sentido. Mesmo a educación e o respecto semellan secuestrados por algunha man cobizosa.
Repugnancia é a palabra que mellor define o sentir ao deitarte cada noite, para pola mañá ao espertar volver a anoxarte ante a taza de café, pois nin el é quen de concederche un anaquiño de tregua. Asoma o lixo humano por calquera recuncho deste esperpento de país. Atufa. Apesta. E afogas entre tanto cheiro vomitivo.
Estou farto de políticos cutres e ruíns. De fulanos e fulanas que agochados nunha suposta democracia se apropian do ben común, apoderándose incluso dunha suposta lexitimidade que din que as urnas lles outorgan. Son xente desprezable. Repugnantes. Minten. Enganan. Non souben nunca e aínda descoñezo cal é a idea última que perseguen. Pregúntome se son capaces de sentarse á mesa cos fillos. Incluso de ir a darlles na cama un bico de boa noite para desexarlles felices soños. Pregunta esta estúpida pola miña parte. Porque son capaces do peor, de acumular caixas fortes de mesquindade por simple pracer.
Tamén son repugnantes un bo mangado de xornalistas vendidos e indecentes. De programas onde consideran a súa verdade como a única verdade. Onde tertulianos acomodados van a expresar a súa opinión dende unha liberdade emporcada e ben pagada. Cada un ten a súa verdade, mais a deles cotiza. Xornalistas e tertulianos desvergonzados. Capaces de argumentar dende un análise democrático o roubo máis infame e cruel. Para nada serve o padecido neste patio de país. Con personaxes desta calaña o mellor é apearse. Diría máis, o mellor sería arrincarlles os ollos. Para que despois veña a xustiza a axustizarnos. A nós. A min. A pedirme contas.
Unha xustiza amarrada por intereses perversos. Detrás da que todos estes miserables se acubillan.
Só aspiro e pretendo manifestar con estas letras o meu máis absoluto desprezo a toda esta clase abundante de individuos que nos desborda, estorba e sobra. Sen máis, confío en ter alcanzado este humilde fin.

S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine